O alumnado de Infantil e 1º de primaria desprazouse ata a Casa da Cultura para descubrir a versión máis tola e divertida de tres clásicos: Os tres Porquiños, Os Sete Cabuxos e Carapuchiña Vermella. Grazas á compañía @ghazafelhos os nosos nenos e nenas non só foron espectadores, senón que formaron parte da historia.
Unha mañá diferente para aprender que as historias poden ter mil formas de ser contadas.
Grazas a @ribadavia.rbgalicia por contar con nós nesta actividade polo día do libro, dentro do programa "Ler conta moito" da Rede de bibliotecas de Galicia.
En todas as aulas recibiron a visita de alumnado de 4º de primaria para contarlles un conto que prepararon con moito cariño e dedicación. foi todo un éxito, nalgunhas aulas tiveron que repetir😄


