xoves, 2 de xullo de 2026

PINTORES E PINTORAS DO MUNDO

 Ao longo de todo o curso estivemos traballando distintos pintores e pintoras do mundo, aprendemos cousas sobre a súa vida e a súa obra, fixemos fantásticos traballos sobre os seus cadros e finalmente invitamos ás famiias a ver as nosas exposicións.

Moitas grazas a todos os que fixeron posible este gran traballo!!



venres, 26 de xuño de 2026

VISITA DE PAULA CARBALLEIRA

Que ilusión nos fixo recibir a Paula Carballeira, a autora da obra de teatro que estamos preparando no Club de Lectura, entre outros libros...

E que ilusión lle fixo a ela saber que adaptamos a súa obra, escrita para 4 personaxes, a unha obra na que participaron case 40 nenos e nenas (esta obra podes vela neste mesmo blog, na entrada "Teatro club de lectura Daniel no Peirao).

   





mércores, 24 de xuño de 2026

TEATRO DO CLUB DE LECTURA "DANIEL NO PEIRAO"

 Este curso preparamos unha adaptación da obra sobre a figura de Castelao cando era neno, que escribiu Paula Carballeira. A acción desenvólvese en Rianxo a tarde antes de marchar a Arxentina coa súa nai. Na obra aparecen multitude de alusións aos personaxes de Castelao.



sábado, 6 de xuño de 2026

CONTACONTOS DAS FAMILIAS 2026

Durante todo o terceiro trimestre as familias de Educación Infantil acudiron ao centro para contar contos aos máis pequenos, Unha fermosa actividade que xenera unha gran ilusión tanto ás familias que contan coma ao alumnado que escoita os contos.
O noso agradecemento pola gran participación coa que contamos un ano máis.



xoves, 4 de xuño de 2026

ADOPTA UN LIBRO

Os nosos libros "vellos" seguen tendo dentro historias marabillosas, e así llo quixemos transmitir a noso alumnado de todas as idades.

Démoslles a oportunidade de levar a súa casa un libro de balde, cun certificado de adopción que os compromete a ler e coidar o libro.

Conseguimos cerca de 200 adopcións!! 👏👏👏





luns, 1 de xuño de 2026

OBRADOIRO CASTELAO

 Paralelo ao traballo da obra de teatro que estivemos ensaiando, na que o protagonista era Castelao, fixemos un obradoiro de debuxo no que plasmamos con distintas técnicas e moita creatividade a súa figura.

Moitas grazas a Dani e a Rocío polo seu bo facer.

                



xoves, 30 de abril de 2026

MES DO LIBRO 2026. CONTACONTOS


O alumnado de Infantil e 1º de primaria desprazouse ata a Casa da Cultura para descubrir a versión máis tola e divertida de tres clásicos:  Os tres Porquiños, Os Sete Cabuxos e Carapuchiña Vermella. Grazas á compañía @ghazafelhos os nosos nenos e nenas non só foron espectadores, senón que formaron parte da historia. 
Unha mañá diferente para aprender que as historias poden ter mil formas de ser contadas.
Grazas a @ribadavia.rbgalicia por contar con nós nesta actividade polo día do libro, dentro do programa "Ler conta moito" da Rede de bibliotecas de Galicia.



En todas as aulas recibiron a visita de alumnado de 4º de primaria para contarlles un conto que prepararon con moito cariño e dedicación. foi todo un éxito, nalgunhas aulas tiveron que repetir😄




MES DO LIBRO 2026. AS NOSAS ESCRITORAS

Na aula de 5ºB temos a sorte de contar con grandes escritoras e ilustradores, e quixemos promocionar o seu fantástico traballo:

  • Clara deleitounos cun entretido libro sobre a vida de Brais, un adolescente con problemas.
  • Iria e Ángela optaron por unha divertida banda deseñada sobre unicornios.
  • Todo o alumnado fixo unha preciosa adaptación do libro "O Principiño", decorado con fermosas ilustracións, e frases relevantes da historia.

   

 








MES DO LIBRO 2026. APADRIÑAMENTOS LECTORES

Este mes do libro fixemos numerosas actividades:

Co noso apadriñamento Lector vivimos unha xornada inesquecible. Todo o cole, dende os máis cativos de Infantil, ata os maiores de Primaria, uníronse para compartir historias, soños e moias risas. Enchemos cada recuncho dos corredores, escaleiras, e ata saímos fóra para aproveitar o aire libre.

Grazas a todos os padriños, madriñas e afillados/as por facer que as letras cobren vida. Repetiremos seguro 💓




venres, 27 de marzo de 2026

DÍA DA POESÍA 2026

Para celebrar o día da Poesía, nas nosas aulas transformamos as palabras en arte visual. Partindo dun sinxelo material -un papel A3 e 4 tiras de cartón- cada clase elaborou o seu propio cadro inspirado nun poema.

Pero a poesía non só se mira, tamén se escoita. O alumnado completou a xornada cun emocionante recitado colectivo que encheu de versos o centro.