mércores, 29 de novembro de 2023

NIN UN BIQUIÑO Á FORZA


Ola!

Hoxe veño a contarvos unha actividade súper chula que fixo o alumnado de 6º: unha teatralización do libro "Nin un biquiño á forza".

Este conto explícanos que hai diferentes tipos de bicos: de amor, de amizade, de grazas... mesmo que hai bicos que non se dan cos beizos, senón co nariz, como fan os esquimós! 
E tamén nos conta que non sempre nos gusta e que non temos que sentirnos obrigados a dar ou recibir bicos.

Velaquí vos deixo unha mostra da actividade (eu creo que temos uns cantos actores e actrices incríbles no noso cole 😉).

  

PODES DICIR NON!✋

venres, 24 de novembro de 2023

25N

 


Para este 25 de novembro, data na que ten lugar unha conmemoración tan importante e precisa, gustaríame recomendarvos algunhas lecturas:

💜Azul e rosa

💜Rosa caramelo

💜Elas son animais

💜Os contos da rata Luísa: Parella guai

💜Érase dos veces La Bella Durmiente

💜Érase dos veces Cenicienta

💜Éranse dúas veces a ratiña presumida

💜¿Hay algo más aburrido que ser una princesa rosa?

💜Nin un biquiño á forza

💜Piratas no recreo

💜Ada magnífica, científica

💜O lápis máxico de Malala

💜El futuro es femenino


Todos estes libros están dispoñibles na biblioteca do noso cole.

A que esperades para lelos?

💜💜💜

xoves, 23 de novembro de 2023

MAGOSTO 2023



Ola!! 👋
Hoxe pásome para contarvos cal foi a actividade que máis me gustou do magosto. Aínda lembro o arrecendo a castañas asadas... que marabilla!🌰

Como sabedes, celebrámolo o pasado luns día 13 de novembro. E de todas as actividades que se realizaron, a que máis ilusión me fixo foi o contacontos, pois levouse a cabo na miña casa, a biblioteca!

Durante a mañá disfrutamos da historia titulada "A castañeira". Foi todo un éxito!
Aquí vos quedan un par de fragmentos📹

 


Moitísimas grazas á Castañeira e ao seu gato Marramiau pola súa visita! Divertímonos moito!!

mércores, 22 de novembro de 2023

CLUB DE LECTURA


Ola!! 👋
A maioría de vós xa me coñecedes, pero para aquela rapazada e familias que aínda non tedes o pracer, preséntome: son Ouliña, a responsable da biblioteca do noso cole, o CEIP Plurilingüe Ribadavia.

Alégrame estrear o blog da biblioteca cunha gran noticia: o club de lectura deste curso 2023/2024 comezará a rodar en breve!!
Si, si, como ledes!!

Aquí vos deixo máis información 👇
📆Cando? Os luns
⏰A que hora? De 15:15 a 16:15h
📍Onde? Na biblioteca do cole
👥Con quen? Coas mestras Marga e Maribí


Animádevos, que seguro que viviremos unha chea de aventuras incríbles!