Ao longo da semana do 19 ao 25 de febreiro celebramos o Día de Rosalía de Castro, unha figura esencial da nosa identidade. Rosalía ensinounos que a palabra pode ser arte, memoria e resistencia; que a creación é un xeito de mirar o mundo con sensibilidade e valentía.
Quixemos honrar este espírito creativo cunha actividade moi especial: todo o alumnado do centro decorou a súa propia saca de tea, transformando ideas, cores e emocións en pequenas obras de arte.
Grazas a Rocío Estévez e a Algodón Estudios polo seu bo facer, pola súa dedicación e pola súa paciencia infinita. Grazas por axudarnos a que a arte, a de Rosalía, siga viva e compartida.
Ningún comentario:
Publicar un comentario
Nota: só un membro deste blog pode publicar comentarios.