Ao longo de toda esta semana celebramos actividades para conmemorar o DÍA DAS BIBLIOTECAS ESCOLARES, este curso co lema "Contra a desinformación, bibliotecas":
- Infantil e o 1º Ciclo recibiron formación de usuarios, con xogos para traballar as normas de uso da biblioteca.
- O alumnado de 2º e 3º Ciclo de E.P. tiveron que andar con moito ollo para non deixarse enganar polas "fake news"
- Dende a Biblioteca Pública de Ribadavia ofrecéronnos un espectáculo titulado "Xan das Ondas", da compañía @barafundateatro, para o alumnado de 1º, 2º e 3º de E. primaria.
Ningún comentario:
Publicar un comentario
Nota: só un membro deste blog pode publicar comentarios.