venres, 24 de outubro de 2025

DÍA DAS BIBLIOTECAS

Ao longo de toda esta semana celebramos actividades para conmemorar o DÍA DAS BIBLIOTECAS ESCOLARES, este curso co lema "Contra a desinformación, bibliotecas":
  • Infantil e o 1º Ciclo recibiron formación de usuarios, con xogos para traballar as normas de uso da   biblioteca. 
  • O alumnado de 2º e 3º Ciclo de E.P. tiveron que andar con moito ollo para non deixarse enganar polas "fake news"
  • Dende a Biblioteca Pública de Ribadavia ofrecéronnos un espectáculo titulado "Xan das Ondas", da compañía @barafundateatro, para o alumnado de 1º, 2º e 3º de E. primaria.


 

venres, 17 de outubro de 2025

DÍA DAS ESCRITORAS 2025

O DÍA DAS ESCRITORAS marca o inicio das nosas actividades na biblioteca.
Este curso propuxemos estas 3 actividades


 


















Aquí tendes unha mostra dos traballos feitos polo alumnado: