Hoxe veño a falarvos das actividades que se foron realizando ao longo do curso dende o Club de Lectura 📚
Que non vos enterástedes? Pois foron moitas as actividades que realizaron:
- Lecturas dramatizadas
- Representación de "O paraugas da cebra"
- Traballaron o libro "O Lobo Ramón"
- Apadriñamentos lectores
- Obradoiro de ilustración
- Representación teatral "A formiga fóra do Carreiro"
Permanecede atentos, pois nas próximas publicacións amosareivos fotos e vídeos desas actividades.
Apertas!

Ningún comentario:
Publicar un comentario
Nota: só un membro deste blog pode publicar comentarios.