Ola amigas e amigos!
Xa facía uns días que non me pasaba por aquí a saudarvos, espero que vos atopedes ben.
A nova que vos traio hoxe esta relacionada coa solidariedade, con axudar aos demais. Comezamos na escola a III Feira do libro solidario.
Que non sabedes de que vai? Pois coméntovos: se traedes un alimento non perecedoiro, é dicir, que non se perde ou estraga facilmente co tempo, levaredes un libro a cambio.
E que faremos cos alimentos que xuntemos? Doarémolos a Cáritas, para que poidan repartir con aquelas persoas que non dispoñan de recursos para alimentarse.
Agardo de que esta iniciativa sexa do voso interese e que teña unha boa acollida.
Apertas!
Ningún comentario:
Publicar un comentario
Nota: só un membro deste blog pode publicar comentarios.