xoves, 4 de decembro de 2025

TEATRO "EU VOU COMIGO" CLUB DE LECTURA 25N




Con motivo da celebración do 25N o alumnado de 5º curso do Club de Lectura "A Casa de Ouliña" representou para o resto da rapazada do noso centro  unha obra de teatro baseada no conto 
"EU VOU COMIGO" de Raquel Díaz Reguera.
Unha forma de traballar valores coma a igualdade, a autoestima e o respecto a través da literatura.

 

venres, 24 de outubro de 2025

DÍA DAS BIBLIOTECAS

Ao longo de toda esta semana celebramos actividades para conmemorar o DÍA DAS BIBLIOTECAS ESCOLARES, este curso co lema "Contra a desinformación, bibliotecas":
  • Infantil e o 1º Ciclo recibiron formación de usuarios, con xogos para traballar as normas de uso da   biblioteca. 
  • O alumnado de 2º e 3º Ciclo de E.P. tiveron que andar con moito ollo para non deixarse enganar polas "fake news"
  • Dende a Biblioteca Pública de Ribadavia ofrecéronnos un espectáculo titulado "Xan das Ondas", da compañía @barafundateatro, para o alumnado de 1º, 2º e 3º de E. primaria.


 

venres, 17 de outubro de 2025

DÍA DAS ESCRITORAS 2025

O DÍA DAS ESCRITORAS marca o inicio das nosas actividades na biblioteca.
Este curso propuxemos estas 3 actividades


 


















Aquí tendes unha mostra dos traballos feitos polo alumnado:



luns, 30 de xuño de 2025

DENDE GALICIA PARA O MUNDO

Despois de estar todo o ano traballando  no noso PDI, rematamos cunha xincana de preguntas. Disribuimos cada curso en equipos e fomos cunha bateria de preguntas e un pasaporte a buscar a informacion necesria para completar a nosa enquisa.
 Estas son algunhas das fotos da tarefa final.
Felicidades a todos e todas por este gran traballo!




venres, 27 de xuño de 2025

AUDIOLIBRO CLUB DE LECTURA

 

Como remate final das actividades do club de lectura gravamos un audiolibro titulado "A estrambótica volta ao mundo en oitenta días" de PINTO & CHINTO. Anímovos a que o vexades, mergullarédesvos nunha extraordinaria aventura.





luns, 26 de maio de 2025

APADRIÑAMENTO E AMADRIÑAMENTO LECTOR

Por fin chegou unha das actividades que máis lles gusta a todos os alumnos e alumnas: o día que os maiores lles len un conto aos máis pequenos
O venres 25 de abril, despois do recreo os alumnos e alumnas dende 4º a 6º de primaria foron a buscar o seu afillado e afillada para lerlles un par de contos que escolleron días antes na biblioteca.
Cada curso tiña unha zona asignada distribuídas por todo o cole.


DÍA DO LIBRO CON MARCAPÁXINAS

Comezamos este 3º trimestre cunha actividade de elaboración de marcapáxinas o día do libro.

Aquí vemos os alumnos e alumnas de 1º de primaria co material necesario axudados por alumnos de 5º curso.

O resultado está nas súas caras!!









TALLER E EXPOSICIÓN DAS ARTES GRÁFICAS

 O día 1 celebramos o Día das Artes gráficas galegas, que este ano adícase a Isaac Díaz Pardo.

Aproveitamos para facer unha exposición do autor e un taller para os alumnos e alumnas de 3º e 4º de primaria. Este taller consistiu  en aprender a técnica de decollage para decorar un prato de madeira que despois  levaron encantados a casa .












venres, 23 de maio de 2025

xoves, 22 de maio de 2025

DÍA DA POESÍA

 O 21 de marzo celebramos o día da poseía  ciclos con recitadospoéticos entre os diferentes ciclos.

Elaboruse un horario e intercambiaronse poesías.

Foi unha hora moi especial.