martes, 25 de febreiro de 2025

FELICITAMOS O NADAL EMPREGANDO A TECNOLOXÍA

Este nadal os nenos e nenas de 5º e 6º de Primaria experimentaron cos circuitos e coas bombillas led para crear unha postal coa que felicitar á súa familia.

A actividade realizouse na biblioteca aportando o noso grao de area a través das novas tecnoloxías.

Seguro que vai ser o comezo dunha gran aventura para estes e estas futuras enxeñeiras!!!.









luns, 3 de febreiro de 2025

MOCHILAS VIAXEIRAS PRIMARIA

Comezamos a nosa aventura en 5º de primaria cunha mochila chea de libros de  diferentes tipos: revista, narrativa, poesía..... e tamén lectura para pais/nais.

Cargados con tanta animación seguro que atopades as vosas lecturas preferidas.

Levades a mochila o venres e trédela o próximo venres para que outras familias desfruten do préstamo.

Ánimo e boas lecturas!