martes, 28 de xaneiro de 2025

MOCHILAS VIAXEIRAS

Esta semana retomamos a aventura das mochilas viaxeiras. Comezamos co alumnado de 5 anos que levou este venres as mochila para compartir a lectura coa familia e que traerán de volta o luns.

Esperamos que as leades con tanta ilusión como as recibides!






luns, 27 de xaneiro de 2025

DÍA DAS BIBLIOTECAS

Como cada curso celebramos o Día das Bibliotecas o 24 de outubro. O lema escollido para este curso é "POR UN FUTURO SOSTIBLE", que pretende destacar o papel fundamental que desempeñan todas as tipoloxías de bibliotecas. 

Elaboramos un calendario para que todos os cursos pasen pola biblioteca esta semana para desenvolver diferentes actividades e aproveitamos para dar os carnés ao alumnado de primeiro de primaria.




DÍA DAS ESCRITORAS


Comezamos este novo curso cunha proposta onde queremos visibilizar as obras das escritoras galegas a través dunha selección de libros e un mural na entrada da biblioteca.

Esta semana recomendamos para a hora de ler os libros seleccionados.